Xestor de certificados
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais serven para verificar a orixe do
software, mais non garanten a seguridade. Existen
catro tipos distintos de certificados: certificados de
autoridade, certificados persoais, certificados de sitio
seguro e certificados de dispositivo. Durante unha
conexión segura, un servidor pode enviar un
certificado de servidor ao seu dispositivo. Despois de
recibilo, é comprobado por un certificado de
146
Xe
stió
n de
da
to
s e
se
gu
ridade
autoridade almacenado no seu dispositivo. Se a
identidade do servidor non é auténtica ou se non
dispón do certificado de seguridade correcto no seu
dispositivo, recibirá unha notificación.
Pode descargar os certificados dende unha páxina web
ou recibilos coma mensaxe. Os certificados deben
empregarse cando se conecta a un banco en liña ou a
un servidor remoto para transferir información
confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o
risco de ser infectado por virus ou demais software
malicioso e asegurarse da autenticidade dun software
cando o descargue e instale.
Suxestión: Se engade un novo certificado,
comprobe a súa autenticidade.