VPN móbil
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Axustes
e
Conexión
>
#Virtual Private Networking (VPN)
.
152
Xe
stió
n de
da
to
s e
se
gu
ridade
A rede VPN (rede privada virtual de Nokia Mobile) crea
conexións seguras cunha Intranet corporativa
compatible e servizos como o correo electrónico. O seu
dispositivo conectase dende unha rede móbil, a través
da Internet, a unha pasarela VPN corporativa que actúa
como porta principal á rede corporativa compatible. O
cliente VPN usa a tecnoloxía IP Security (IPSec). IPSec é
un marco de traballo de estándares abertos para
admitir o troco seguro de datos en redes IP.
As políticas VPN definen o método usado polo cliente
VPN e a pasarela VPN para autenticarse uns aos outros,
e tamén os algoritmos de cifrado que se usan para
axudar a protexer a confidencialidade dos datos. Para
obter unha política VPN, póñase en contacto co
departamento de TI da empresa.
Para instalar e configurar o cliente VPN, os certificados
e as políticas, póñase en contacto co departamento de
informática da súa empresa. Despois de instalar unha
política, créase automaticamente un método de
conexión VPN no destino de rede Intranet.
Para ver as súas instalacións de políticas VPN, as
actualizacións e sincronizacións e outras conexións
VPN, seleccione
VPN
>
Rexistro de VPN
.