Usar licenzas
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos
dixitais (DRM) subminístranse cunha clave de
activación asociada que define os seus dereitos para
utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido
mediante OMA DRM, para facer unha copia de
seguridade das claves de activación e do contido,
utilice a función de copia de seguridade de Nokia PC
Suite.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante
WMDRM, as claves de activación e o contido perderanse
se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible
que perda as claves de activación e o contido se se
danan os ficheiros do dispositivo. A perda das claves de
activación ou do contido pode limitar a súa capacidade
para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de
novo. Para obter máis información, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean
ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
151
Xe
stió
n de
da
to
s e
se
gu
ridade
acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa
inserida no dispositivo.
Para ver as súas licenzas por tipo, seleccione
Licenzas
válidas
,
Licen. non válid.
, ou
Non en uso
.
Para ver os detalles da clave, seleccione
Opcións
>
Detalles da licenza
.
Para cada ficheiro multimedia amósase a seguinte
información:
•
Estado
— O estado é
Licenza válida
,
Licenza
caducada
, ou
Licenza non válida aínda
.
•
Envío de contido
—
Permitido
significa que
vostede pode enviar o ficheiro a outro dispositivo.
Non permitido
significa que non pode enviar o
ficheiro a outro dispositivo.
•
Contido do teléfono
—
Si
significa que o ficheiro
está no dispositivo e a ruta do ficheiro aparece en
pantalla.
Non
significa que o ficheiro non se atopa
actualmente no dispositivo.
Para activar a clave, na vista principal de licenzas
seleccione
Licen. non válid.
>
Opcións
>
Obter
licenza
. Estableza unha conexión de rede cando llo
soliciten; será dirixido a un sitio web onde pode mercar
dereitos sobre contido multimedia.
Para eliminar dereitos de ficheiros, abra a ficha de
claves válidas ou a ficha de claves non usadas,
desprácese ata o ficheiro desexado e seleccione
Opcións
>
Borrar
. Se hai varios dereitos ligados ao
mesmo ficheiro multimedia, todos serán eliminados.
A vista de clave de grupo amosa todos os ficheiros
ligados a un dereito de grupo. Se descargou varios
ficheiros cos mesmos dereitos, aparecerán todos nesta
vista. Pode abrir a vista de grupo dende a ficha de
claves válidas ou a de claves inválidas. Para acceder a
estes ficheiros, abra o cartafol de dereitos de grupo.