Nokia E75 - Bloquear o dispositivo

background image

Bloquear o dispositivo

O código de bloqueo protexe o seu dispositivo dun uso

non autorizado. O código preconfigurado é 12345.
Para bloquear o dispositivo, na pantalla de inicio,

prema a tecla de acendido e seleccione

Bloquear

teléfono

.

Para desbloquear o seu dispositivo, seleccione

Desbloq.

, escriba o código de bloqueo e seleccione

Aceptar

.

Para cambiar o código de bloqueo, seleccione

Menú

>

Panel de control

>

Axustes

e

Xeral

>

Seguridade

>

Teléfono e tarxeta SIM

. Introduza o código actual e,

despois, introduza dúas veces o novo código. O novo

código pode ter de 4 a 255 caracteres. Pode empregar

letras e números e admítense tanto letras maiúsculas

coma minúsculas.

Escriba o código novo e gárdeo nun lugar secreto e

seguro lonxe do dispositivo. Se esqueceu o código de

bloqueo e o dispositivo está bloqueado, debe levar o

dispositivo a un servizo autorizado Nokia e poden

aplicarlle custos adicionais. Para desbloquear o

dispositivo, debe volver cargar o software e poida que

se perdan os datos que gardou no dispositivo.
Tamén pode bloquear o dispositivo de forma remota

se envía unha mensaxe de texto ao dispositivo. Para

habilitar o bloqueo remoto e definir o texto da

mensaxe, seleccione

Menú

>

Panel de control

>

Axustes

e

Xeral

>

Seguridade

>

Teléfono e tarxeta

SIM

>

Bloqueo teléfono remoto

>

Activado

.

Introduza a mensaxe de bloqueo remoto e confírmea.

A mensaxe debe ter unha lonxitude mínima de 5

caracteres. Escriba o texto xa que pode necesitalo máis

tarde.