Marcadores
Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a
información de posición de localizacións específicas.
Pode clasificar en diferentes categorías as localizacións
gardadas, como, por exemplo, negocios, e engadirlles
máis información, como, por exemplo, enderezos.
Pode usar os marcadores gardados en aplicacións
compatibles, como datos do GPS.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Marcadores
.
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o
sistema de coordenadas WGS-84 internacional.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
•
Novo marcador
— Cree un novo marcador. Para
efectuar unha solicitude de posicionamento para a
súa localización actual, seleccione
Posición actual
.
Para seleccionar a localización no mapa, seleccione
Seleccionar no mapa
. Para inserir manualmente a
información de posición, seleccione
Intro.
manualmente
.
•
Editar
— Edite ou engada información a un
marcador gardado (por exemplo, un enderezo
dunha rúa).
•
Engadir á categoría
— Engada un marcador a unha
categoría nos Marcadores. Seleccione cada
categoría á que desexe engadir o marcador.
•
Enviar
— Envíe un ou varios marcadores a un
dispositivo compatible. Os marcadores recibidos
gárdanse no cartafol Caixa de entrada en
Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas
e crear categorías novas. Para editar e crear novas
90
Vi
axe
categorías de marcadores, abra a ficha de categorías e
seleccione
Opcións
>
Editar categorías
.