Datos GPS
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Datos
GPS
.
Datos GPS está deseñada para fornecer información de
guía de ruta a un destino seleccionado, información de
posición acerca da súa localización actual e
información da viaxe, como a distancia aproximada ao
destino e a duración aproximada desta.
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos
e graos decimais pertencente ó sistema de
coordenadas internacional WGS-84.
Para utilizar Datos GPS, cómpre que o receptor GPS do
dispositivo reciba inicialmente información de
posición de polo menos catro satélites para calcular as
coordenadas da súa localización. Unha vez realizado o
cálculo inicial, pode que sexa posible continuar
calculando as coordenadas da súa localización
mediante tres satélites. Non obstante, polo xeral a
precisión é mellor cantos máis satélites se atopan.