Consellos para crear unha
conexión GPS
Se o dispositivo non pode atopar o sinal do satélite,
considere o seguinte:
• Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior
para recibir un sinal mellor.
• Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo
máis aberto.
• Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS
do dispositivo.
• Se as condicións climáticas non son boas, a
intensidade do sinal pódese ver afectada.
• Algúns vehículos posúen cristais tinxidos
(atérmicos) que poden bloquear os sinais dos
satélites.
Comprobación do estado do sinal de satélite
Para comprobar o número de satélites que atopou o
dispositivo e para saber se está a recibir sinais de
satélite, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Datos GPS
e
Opcións
>
Estado do satélite
.
89
Vi
axe
Se o dispositivo atopou
satélites, aparece unha
barra por cada satélite na
vista de información acerca
de satélites. Canto máis
longa sexa a barra, maior
intensidade terá o sinal do
satélite. Se o dispositivo
recibiu información abonda do sinal do satélite para
calcular as coordenadas da súa situación, a barra
cambia de color.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro
satélites como mínimo para poder calcular as
coordenadas da súa situación. Despois do cálculo
inicial pode que sexa posible seguir calculando as
coordenadas da súa situación con tres satélites. No
entanto, a precisión adoita mellorar cando se atopan
máis satélites.