Acerca do GPS
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o
sistema de coordenadas internacional WGS-84. A
dispoñibilidade das coordenadas pode variar segundo
a rexión.
O sistema de posicionamento global (GPS) está
operado polo goberno dos Estados Unidos, que é o
único responsable da precisión e mantemento do
sistema. A precisión dos datos de localización pode
verse afectada polos axustes nos satélites GPS
efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da política de GPS
civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do
Plan de radionavegación federal (Federal
Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse
afectada pola xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse
afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible
a través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición
dunha localización precisa e vostede non debe
depender só dos datos de localización procedentes do
receptor GPS nin das redes de radio móbil para
determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é
posible que se produzan erros de redondeo. A precisión
tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e
calidade dos sinais GPS.
Nos axustes de posicionamento pódense habilitar ou
deshabilitar os diferentes métodos de
posicionamento.