
Nokia Map Loader
Grazas á aplicación Nokia Map Loader, pode descargar
mapas e ficheiros de orientación por voz da Internet á
memoria do teléfono ou a unha tarxeta de memoria
compatible. Cómpre utilizar a aplicación Mapas e que
explore mapas polo menos unha vez antes de
empregar Nokia Map Loader, que emprega a
información de Mapas para comprobar que versión dos
mapas se descargará.
Para instalar Nokia Map Loader nun ordenador
compatible, diríxase á páxina www.nokia.com/maps e
siga as instrucións que se amosan na pantalla.