Moverse por un mapa
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Mapas
.
Para ampliar á posición do GPS ou á última situación
coñecida, seleccione
Opcións
>
A miña pos.
.
Cando a conexión GPS está activa,
amosa a súa
situación actual no mapa.
Para moverse polo mapa, desprácese cara arriba,
abaixo, á esquerda ou á dereita coa tecla de
desprazamento. O mapa está orientado cara ao norte
por defecto.
Cando ten unha conexión activa e navega por un mapa,
se se despraza ata unha área que non se inclúe nos
mapas xa descargados descárgase automaticamente
un mapa novo. Os mapas gárdanse automaticamente
na memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de
memoria compatible (se está inserida).
Para ampliar ou reducir o mapa co teclado, prema * e
#. Para ampliar ou reducir o mapa co teclado, prema
as teclas maiúsculas e retroceso.