Nokia E75 - Mapas

background image

Mapas

Mapas

Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

GPS

>

Mapas

.

Con Mapas, pode ver a súa posición actual no mapa,

explorar mapas de diferentes cidades e países, buscar

enderezos e diferentes puntos de interese, trazar rutas

desde unha posición a outra, gardar posicións e

envialas a dispositivos compatibles. Tamén pode

mercar licenzas para servizos adicionais, como

axendas de viaxes, información sobre o tráfico e

servizos de navegación con orientación por voz. Estes

servizos non están dispoñibles en todos o países ou

rexións.

Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que

necesite seleccionar un punto de acceso á Internet para

a descarga de mapas.
Se explora unha zona non incluída nos mapas que teña

descargados no teléfono, descargarase

automaticamente un mapa da zona por medio da

Internet. Algúns mapas poden estar dispoñibles na súa

tarxeta de memoria ou dispositivo. Tamén pode

utilizarse o software Nokia Map Loader para descargar

mapas. Para obter información sobre como instalar

Nokia Map Loader nun ordenador compatible, visite a

páxina www.nokia.com/maps.

Suxestión: Para evitar as tarifas de

transferencia de datos, tamén pode empregar

Mapas sen unha conexión á Internet, e explorar

os mapas que se atopan gardados no seu

dispositivo ou nunha tarxeta de memoria.

Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está

incompleta ata certo punto. Nunca confíe só na

cartografía descargada para utilizarse neste

dispositivo.
A descarga de mapas e servizos adicionais pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos

a través da rede do seu fornecedor de servizos. Para

obter máis información verbo das tarifas de

transmisión de datos, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos.