Indicadores da pantalla
O indicador GPS
amosa a dispoñibilidade
dos sinais de satélite. Cada barra representa un
satélite. Cando o dispositivo tenta atopar sinais de
satélite, a barra amósase en amarelo. Cando o
dispositivo recibe datos abondo dos satélites para que
o GPS calcule a súa posición, a barra vólvese verde.
Cantas máis barras verdes, máis preciso é o cálculo da
posición.
Inicialmente, cómpre que o dispositivo reciba sinais de,
polo menos, catro satélites para calcular as
coordenadas da súa posición. Despois do cálculo inicial,
pode abondar cos sinais de tres satélites.
O indicador de transferencia de datos
amosa a conexión de Internet empregada e a
cantidade de datos transferidos desde que se iniciou a
aplicación.