
Acerca das videochamadas
Para poder facer unha videochamada, cómpre estar
nunha zona de cobertura dunha rede UMTS. Contacte
co seu fornecedor de servizos para obter máis
información acerca de dispoñibilidade e subscrición a
servizos de videochamada. Mentres fala, pode ver un
vídeo en tempo real e bidireccional entre vostede e o
receptor da chamada, sempre que o destinatario teña
un dispositivo compatible. A imaxe de vídeo gravada
pola cámara do seu dispositivo é vista polo destinatario
da videochamada. As videochamadas só se poden facer
entre dúas partes.
65
Te
lé
fono