
Requisitos de compartir
vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha
conexión UMTS. Para obter máis información sobre o
servizo, a dispoñibilidade da rede UMTS e as tarifas
asociadas co uso deste servizo, póñase en contacto co
fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer
o seguinte:
• Asegúrese de que o dispositivo estea configurado
para establecer conexións persoa con persoa.
• Asegúrese de dispoñer dunha conexión UMTS activa
e de que se atopa dentro da zona de cobertura de
rede UMTS. Se se desplaza fóra da zona de cobertura
66
Te
lé
fono

da rede UMTS durante unha sesión de compartir
vídeo, o uso compartido finalizará mentres continúa
a súa chamada de voz.
• Asegúrese de que tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na rede UMTS. Se
convida a alguén a unha sesión para compartir
contidos e o dispositivo do destinatario non se
atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS,
non dispón da función para compartir vídeo
instalada ou non configurou as conexións persoa
con persoa, o destinatario non recibirá as
invitacións. Nese caso, recibirá unha mensaxe de
erro que lle indicará que o destinatario non pode
aceptar a invitación.