Compartir vídeo
Utilice a función de compartir vídeo (servizo de rede)
para enviar vídeo en directo ou un videoclip dende o
seu dispositivo móbil a outro dispositivo móbil
compatible durante unha chamada de voz.
O altofalante está activo cando activa a función de
compartir vídeo. Se non desexa utilizar o altofalante
para a chamada de voz mentres comparte vídeo, tamén
pode utilizar auriculares compatibles.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade auditiva. Escoite
música a un volume moderado e non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.