Facer unha chamada
Unha etiqueta de voz para o contacto é o nome ou o
alcume gardado para o contacto na lista de contactos.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode
resultar difícil en contornos con ruído ou durante unha
emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente
na marcaxe por voz en todas as circunstancias.
Para escoitar unha etiqueta de voz, seleccione un
contacto e
Opcións
>
Detalles da gravación
>
Reproducir gravación
.
1. Para chamar utilizando unha orde por voz, prema
e manteña pulsada a tecla Silenciar.
2. Cando oia o ton ou vexa o indicador visual,
pronuncie claramente o nome do contacto
gardado.
3. O dispositivo reproduce unha etiqueta de voz con
sintetizador para o contacto recoñecido no idioma
seleccionado do dispositivo e amosa o nome.
Despois dun tempo límite de 1,5 segundos, o
dispositivo marca o número. Se o contacto
recoñecido non foi o correcto, seleccione outro
contacto entre os resultados propostos ou
seleccione
Abandonar
para cancelar a marcación.
Se o contacto gardado ten varios números,
seleccione o contacto e o número requirido.
73
Te
lé
fono