Comandos de voz
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Teléfono
>
Ordes voz
.
Utilice os comandos de voz para facer chamadas
telefónicas e iniciar aplicacións, perfís ou outras
funcións no dispositivo. Para iniciar o recoñecemento
de voz, manteña premida a tecla de poñer en silencio.
O dispositivo crea unha etiqueta de voz para as
entradas nos Contactos e para as funcións asignadas
na aplicación Comandos de voz. Cando se pronuncia un
comando de voz, o dispositivo compara as palabras
pronunciadas coas etiquetas de voz gardadas no
dispositivo. Os comandos de voz non dependen da voz
da persoa que fala; non obstante, o recoñecemento de
voz no dispositivo adáptase á voz do usuario principal
para recoñecer mellor os comandos de voz.