
Facer unha chamada
Para facer unha chamada, introduza o número de
teléfono incluíndo o prefixo e prema a tecla chamar.
Suxestión: Nas chamadas internacionais,
engada o signo + que substitúe ao código
internacional, insira o código do país, o código
de área (omita o primeiro cero se fora necesario)
e o número de teléfono.
Para finalizar a chamada ou cancelar o intento de
chamada, prema a tecla Fin.
Para facer unha chamada empregando os contactos
gardados, abra os contactos. Introduza as primeiras
letras do nome, desprácese ata el e prema a tecla
chamar.
Para facer unha chamada empregando o rexistro,
prema a tecla chamar para ver os 20 últimos números
aos que chamou ou tentou chamar. Desprácese ata o
número ou nome desexado e prema a tecla chamar.
Para axustar o volume durante unha chamada, use as
teclas de volume.
Para pasar dunha chamada de voz a unha
videochamada, seleccione
Opcións
>
Cambiar a
videochamada
. O dispositivo remata a chamada de
voz e fai unha videochamada ao destinatario.
64
Te
lé
fono

Facer unha chamada en
conferencia
1. Para facer unha chamada en conferencia, introduza
o número de teléfono dun participante e prema a
tecla Chamar.
2. Cando o participante responda, seleccione
Opcións
>
Nova chamada
.
3. Despois de chamar a todos os participantes,
seleccione
Opcións
>
Conferencia
para fusionar