Nokia E75 - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía

está aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800, e 1900,

e redes UMTS 900/1900/2100 HSDPA . Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis

información acerca das redes.
O seu dispositivo admite varios métodos de

conectividade e, ao igual que os ordenadores, é posible

que estea exposto a virus e demais contido daniño.

Teña precaución coas mensaxes, solicitudes de

conexión, buscas e descargas. Unicamente instale e

utilice servizos e software obtidos de fontes fiables que

ofrezan seguridade e protección axeitada, como

aplicacións que pasasen o proceso de certificación

Symbian Signed ou Java Verified™. Considere a

posibilidade de instalar programas antivirus e demais

software de seguridade no dispositivo e nos

ordenadores conectados.

7

Se

gu

ridade

background image

É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou

ligazóns preinstalados para sitios da Internet de

terceiros e que permitan o acceso a sitios de terceiros.

Estes sitios non teñen ningún tipo de relación con

Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha

responsabilidade correspondente a eles. Se accede aos

sitios mencionados, tome as precaucións necesarias

relacionadas coa seguridade ou cos contidos.

Aviso: Para utilizar as funcións deste dispositivo,

a excepción do espertador, é necesario que se atope

acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que

poida provocar interferencias ou poida supoñer un

perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e

os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos

das demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É

posible que as leis de protección dos dereitos de autor

non autoricen a copia, modificación ou transferencia

dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros

escritos da información importante almacenada no

dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro

dispositivo, lea a guía de usuario para obter instrucións

detalladas de seguridade. Non conecte produtos non

compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes

das que aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra

información importante acerca do dispositivo.