Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos
servizos dun fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas
funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes;
é posible que para poder utilizar outras funcións sexa
necesario establecer acordos específicos co seu
fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a
transmisión de datos. Comprobe co seu fornecedor de
servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede propia
ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode
explicarlle os importes que lle serán cargados polo
servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións
que afecten ao modo en que se poden utilizar algunhas
funcións deste dispositivo que requiran soporte da
rede, como soporte para tecnoloxías específicas como
os protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan en
protocolos TCP/IP e caracteres dependentes dos
idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas
funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas
funcións non aparecerán no menú do dispositivo.
Tamén é posible que o dispositivo dispoña de
elementos personalizados como os nomes ou a orde
dos menús e as iconas.
8
Se
gu
ridade