Perfís
.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os
tons de aviso e outros tons do dispositivo para distintos
eventos, contornos ou grupos de persoas que chaman.
O perfil activo amósase na parte superior da pantalla
de inicio. Se o perfil activo é Xeral só amosarase a data
de hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione
Opcións
>
Crear
novo
e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Personalizar
.
Para cambiar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Activar
. O perfil Desconectado evita que, de forma
accidental, o dispositivo se acenda, envíe ou reciba
mensaxes ou use a LAN sen fíos, a conectividade
Bluetooth, o GPS ou a radio FM; tamén pecha as
conexións da Internet que poden estar operativas ao
seleccionar o perfil. O perfil Desconectado non evita
que estableza unha conexión LAN sen fíos ou Bluetooth
máis tarde, ou reiniciar o GPS ou a radio FM, polo que
cumpre cos requisitos de seguridade aplicables ao
establecer ou usar estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora
determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao
perfil, seleccione
Opcións
>
Temporizado
e fixe a
hora. Cando se supere a hora establecida, o perfil
cambiará de novo ao perfil sen límite de tempo
activado anteriormente. Cando se programa un perfil,
amósase na pantalla de inicio. O perfil Fóra de liña
non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións
>
Borrar perfil
. Non se poden eliminar os
perfís predefinidos.