Cambie temas de son
Pode fixar sons para distintos eventos do dispositivo.
Os sons poden ser tons, gravacións de voz ou a
combinación de ambos.
Seleccione
Menú
>
Panel de control
>
Temas
e
Temas de audio
.
Para cambiar o tema de son, seleccione
Tema de audio
activo
.
Para engadir efectos 3D ao tema de son, seleccione
Opcións
>
Tons de chamada 3D
.
Para crear un tema de son novo, seleccione
Opcións
>
Gardar tema
.
Para fixar o son dun evento, seleccione un grupo de
eventos, como eventos de mensaxería. Seleccione o
evento desexado e escolla entre as seguintes opcións:
33
Pe
rsonalización
•
Silencio
— Permite desactivar o son dos eventos
do dispositivo.
•
Ton
— Permite fixar un ton como son dun evento
do dispositivo.
•
Discurso
— Permite fixar unha etiqueta de voz
sintetizada como son para o evento do dispositivo.
Introduza o texto desexado e seleccione
Aceptar
.
Esta opción non está dispoñible se seleccionou
Dicir
nome do chamante
en Perfís.
Seleccione un grupo de eventos, como eventos de
Mensaxería. Seleccione o evento desexado,
Opcións
, e
escolla entre as seguintes opcións:
•
Reproducir
— Reproduza o son antes de activalo.
•
Activar sons
— Permite activar todos os sons do
grupo de eventos.
•
Desactivar sons
— Permite desactivar todos os
sons do grupo de eventos.