
Tecla inicio
Para acceder á pantalla de inicio, prema un intre a tecla
inicio. Prema de novo brevemente a tecla inicio para
acceder ao menú.
Para ver a lista de aplicacións activas, prema a tecla
inicio durante uns segundos. Cando se abra a lista,
prema un intre a tecla inicio para desprazarse pola
lista. Para abrir a aplicación seleccionada, prema a tecla
inicio durante uns segundos ou ben prema a tecla de
desprazamento. Para pechar a aplicación seleccionada,
prema a tecla de retroceso.
Deixar aplicacións executándose en segundo plano
aumenta o consumo de enerxía e reduce a duración da
batería.