
Traballar na pantalla de
inicio
Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza
os primeiros caracteres do nome do contacto.
Seleccione o contacto requirido na lista dos resultados
suxeridos. Pode que esta función non estea dispoñible
en todos os idiomas.
Para chamar ao contacto, prema a tecla Chamar.
Para desactivar a busca de contactos, seleccione
Opcións
>
Busca contactos desact.
.
Para ver se recibiu mensaxes, seleccione o cadro de
mensaxes da área de notificacións. Para ler unha
mensaxe, selecciónea. Para acceder a outras tarefas,
desprácese á dereita.
36
Novo en Nokia Eseries

Para ver se ten chamadas perdidas, seleccione o cadro
de chamadas da área de notificacións. Para devolver
unha chamada, seleccione a chamada e prema a tecla
Chamar. Para enviar unha mensaxe de texto ao emisor
da chamada, seleccione a chamada, desprácese á
dereita e seleccione
Enviar msxe. texto
para obter
unha lista das funcións dispoñibles.
Para escoitar o correo de voz, seleccione o cadro de
correo de voz da área de notificacións. Seleccione a
caixa do correo de voz requirida e prema a tecla
Chamar.