Pantalla de inicio
Desde a pantalla de inicio pode acceder rapidamente
ás funcións máis empregadas e ver nunha ollada se ten
chamadas perdidas ou mensaxes novas.
Pantalla de inicio
Dende a pantalla de inicio pode acceder rapidamente
ás aplicacións máis frecuentes, ademais de ver se ten
chamadas perdidas ou novas mensaxes.
Sempre que vexa a icona , desprácese á dereita para
acceder á lista de accións dispoñibles. Para pechar a
lista, desprácese á esquerda.
A pantalla de inicio
consta do seguinte:
1. Accesos directos
ás aplicacións.
Para acceder a
unha aplicación,
seleccione o
acceso directo
da aplicación.
2. Espazo de
información. Para comprobar un elemento
amosado no espazo de información, seleccione ese
elemento.
3. Espazo de notificación. Para ver as notificacións,
desprácese ata unha caixa. As caixas só están
visibles se conteñen elementos.
Pode definir dúas pantallas de inicio independentes
para distintos fins; por exemplo, unha pantalla para
amosar notificacións e correo do traballo, e outra para
amosar o correo persoal. Deste xeito, non terá por que
ver as mensaxes do traballo fóra de horas de oficina.
Para alternar entre as dúas pantallas de inicio,
seleccione
.
Para definir os elementos e accesos directos da
pantalla de inicio, e para fixar o aspecto da pantalla de
inicio, seleccione
Menú
>
Panel de control
e
Modos
.