
Características
salientables
O seu Nokia E75 axúdalle a xestionar os seus asuntos e
información persoal. Algunhas das súas características
salientables son as seguintes:
Ler e responder o seu correo mentres está de
viaxe.
Manterse ao día e planificar xuntanzas coa
aplicación Axenda.
Xestionar os seus socios e amigos coa
aplicación Contactos.
Facer chamadas empregando os servizos de
voz sobre IP coa aplicación de chamadas da
Internet.
Conectarse a redes LAN sen fíos (WLAN) coa
aplicación Asistente WLAN.
Traballar con documentos, follas de cálculo
e presentacións coa aplicación Quickoffice.
Engada novas aplicacións para negocios ao
seu Nokia E75 coa aplicación Descargar!
Atopar lugares de interese coa aplicación
Mapas.
Pasar de modo negocios a modo persoal.
Editar o aspecto e configuración da pantalla
de inicio coa aplicación Modos.
Explorar a intranet da súa empresa coa
aplicación Intranet.
Pasar a información de contactos e axenda
dende o seu antigo teléfono ao Nokia E75 coa
aplicación Cambio de datos.
Comprobar as actualizacións dispoñibles
para as aplicacións e descargalas no seu
dispositivo coa aplicación Actualización de
aplicacións.
35
Novo en Nokia Eseries

Cifre o seu dispositivo ou tarxeta de memoria
para evitar que os intrusos accedan á súa
información importante.