Nokia E75 - Transferencias con Windows Media Player

background image

Transferencias con Windows

Media Player

As funcións de sincronización de música poden variar

entre as diferentes versións da aplicación Windows

Media Player. Para obter máis información, consulte as

guías e a axuda correspondentes de Windows Media

Player. As seguintes instrucións aplícanse a Windows

Media Player 11.

Sincronización manual

Coa sincronización manual, pode seleccionar as

cancións e as listas de reprodución que desexa mover,

copiar ou eliminar.

1. Unha vez conectado o dispositivo con Windows

Media Player, seleccione o seu dispositivo no panel

de navegación situado á dereita (no caso de existir

máis dun dispositivo conectado).

2. No panel de navegación situado á esquerda,

busque os ficheiros de música do ordenador que

desexa sincronizar.

3. Arrastre e solte as cancións na Lista de

sincronización situada á dereita.
Pode ver a cantidade de memoria dispoñible no

dispositivo enriba da Lista de sincronización.

4. Para eliminar cancións ou álbums, seleccione un

elemento na Lista de sincronización, faga clic co

botón dereito do rato e seleccione Eliminar da

lista.

5. Para iniciar a sincronización, faga clic en Iniciar

sincronización.

Sincronización automática

1. Para activar a función de sincronización automática

no reprodutor de Windows Media, prema na ficha

Sinc., seleccione o Teléfono Nokia > Definir sinc.

e marque a caixa de verificación Sinc. dispositivo

automaticamente.

2. Seleccione as listas de reprodución que desexa

sincronizar automaticamente no panel Listas de

reprodución dispoñibles e faga clic en Engadir.
Os elementos seleccionados transfírense ao panel

Listas de reprodución para sincronizar.

3. Para finalizar a configuración da sincronización

automática, faga clic en Finalizar.

123

Mu

ltime

dia

background image

Cando a caixa de verificación Sincronizar este

dispositivo automaticamente está marcada e

vostede conecta o dispositivo co ordenador, a

biblioteca de música do dispositivo actualízase

automaticamente a partir das listas de reprodución

que selecciona para a sincronización en Windows

Media Player. Se non se seleccionaron listas de

reprodución, selecciónase para a sincronización toda a

biblioteca de música do ordenador. Se non dispón de

memoria libre suficiente no dispositivo, Windows

Media Player selecciona automaticamente a

sincronización manual.
Para deter a sincronización automática, faga clic na

ficha Sincronizar e seleccione Deter sincronización

con "Teléfono Nokia".