Para reproducir unha canción ou un episodio de
podcast, seleccione a categoría desexada e a canción
ou o episodio de podcast.
Para inserir unha pausa na reprodución, prema a tecla
de desprazamento; para continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo. Para deter a reprodución,
desprácese cara abaixo.
Para realizar o avance rápido ou rebobinado, manteña
premida a tecla de desprazamento cara á dereita ou á
esquerda.
Para ir ao seguinte elemento, desprácese á dereita.
Para volver ao principio do elemento, desprácese á
esquerda. Para saltar ao elemento anterior, desprácese
á esquerda 2 segundos despois do inicio dunha canción
ou podcast.
Para modificar o ton da reprodución de música,
seleccione
Opcións
>
Ecualizador
.
Para modificar o balance e a imaxe estéreo, ou para
mellorar os graves, seleccione
Opcións
>
Audio
settings
.
Para volver á pantalla de inicio e deixar o reprodutor
no segundo plano, prema a tecla de fin.