Coa aplicación Radio pola Internet de Nokia (servizo de
rede), pode escoitar emisoras de radio dispoñibles na
Internet. Para escoitar emisoras de radio, cómpre
dispoñer dunha LAN sen fíos (WLAN) ou punto de
acceso de paquete de datos definido no dispositivo.
Escoitar emisoras pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. O método de conexión
recomendado é WLAN. Consulte co seu fornecedor de
servizos os termos e cotas dos servizos de datos antes
de usar outras conexións. Por exemplo, os plans de
datos de tarifa plana poden permitir a realización de
grandes transferencias de datos previo pago dunha
tarifa mensual.