Nokia E75 - Transferencia de vídeo desde o ordenador

background image

Transferencia de vídeo

desde o ordenador

Transfira os seus propios videoclips ao Centro de vídeo

desde dispositivos compatibles mediante un cable de

datos USB compatible. O Centro de vídeo amosará só os

videoclips que estean nun formato admitido polo

dispositivo.
1. Para ver o teléfono nun ordenador como un

dispositivo de memoria masiva ao que pode

transferir calquera ficheiro de datos, estableza a

conexión cun cable de datos USB.

2. Seleccione

Almacenaxe masiva

como modo de

conexión. Cómpre inserir unha tarxeta de memoria

compatible no dispositivo.

3. Seleccione os videoclips que desexe copiar desde o

ordenador.

4. Transfira os videoclips a E:\Os meu vídeos na

tarxeta de memoria.

Os videoclips transferidos aparecerán no cartafol Os

meus vídeos do Centro de vídeo. Os ficheiros de

vídeo doutros cartafoles do dispositivo non se

amosarán.