Axustes do Centro de vídeo
Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das seguintes opcións:
•
Selección do serviz. víd.
— Seleccione os servizos
de vídeo que desexa que aparezan no Centro de
vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os
detalles dun servizo de vídeo. Non é posible editar
servizos de vídeo preinstalados.
•
Axustes da conexión
— Para definir o destino de
rede empregado para a conexión de rede,
seleccione
Conexión de rede
. Para seleccionar
manualmente a conexión cada vez que o Centro de
vídeo abre unha conexión de rede, seleccione
Preguntar sempre
.
Para activar ou desactivar a conexión GPRS,
seleccione
Permitir uso de GPRS
.
Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione
Permitir ronda
.
•
Control de idade
— Permite establecer un límite
de idade para os vídeos. O contrasinal requirido é o
mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O
código de bloqueo predeterminado é 12345. Nos
servizos de vídeo baixo petición, ocúltanse os vídeos
que teñan un límite de idade igual ou superior ao
que estableza.
•
Memoria preferida
— Permite seleccionar se
desexa que os vídeos descargados se garden na
119
Mu
ltime
dia
memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de
memoria compatible.
•
Miniaturas
— Permite seleccionar se desexa que
se descarguen e vexan imaxes en miniatura nas
fontes de vídeo.