Nokia E75 - Centro de vídeo de Nokia

background image

Con Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede) pode

descargar e transmitir por secuencias videoclips co

teléfono dende servizos de vídeo da Internet

compatibles utilizando unha conexión de paquetes de

datos ou LAN sen fíos (WLAN). Tamén pode transferir

videoclips dende un ordenador compatible ao seu

dispositivo e visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de

datos para descargar vídeos pode implicar a

transmisión de grandes cantidades de datos a través

da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos

predefinidos.
Os fornecedores de servizos poden fornecer contidos

gratis ou cobrar unha taxa. Comprobe o prezo no

servizo ou co fornecedor do servizo.