Recibir e responder a
mensaxes multimedia
Importante: Teña precaución ao abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan software
nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Suxestión: Se recibe mensaxes multimedia que
conteñen obxectos non admitidos polo
dispositivo, non poderá abrilos. Probe a envialos
a outro dispositivo, como un ordenador, e
ábraos alí.
1. Para responder a unha mensaxe multimedia, ábraa
e seleccione
Opcións
>
Responder
.
2. Seleccione
Ao remitente
para responderlle ao
remitente,
A todos
para responderlles a todas as
persoas incluídas na mensaxe recibida,
Por
mensaxe de audio
para responder cunha mensaxe
de audio ou
Por correo
para responder cunha
mensaxe de correo electrónico. A mensaxe de
correo electrónico só está dispoñible se hai unha
caixa do correo configurada e se a mensaxe se envía
desde un enderezo de correo electrónico.
Suxestión: Para engadirlles destinatarios á
resposta, seleccione
Opcións
>
Engadir
destinatario
para escoller os destinatarios
da mensaxe na lista de Contactos ou
introduza manualmente os números de
teléfono ou os enderezos de correo
electrónico no campo
Para
.
3. Introduza o texto da mensaxe e seleccione
Opcións
>
Enviar
.