Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan software
nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Antes de crear unha mensaxe multimedia ou de escribir
un correo electrónico debe ter os axustes de conexión
correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das
mensaxes MMS. Se a imaxe inserida excede este límite,
o dispositivo pode reducila para que se poida enviar
por MMS.
Comprobe o tamaño máximo das mensaxes de correo
electrónico co fornecedor de servizos. Se intenta enviar
unha mensaxe de correo electrónico que excede o
tamaño máximo do servidor de correo, a mensaxe
permanece na carpeta Caixa de saída e o dispositivo
intenta reenvialo periodicamente. Para enviar un
correo electrónico cómpre ter unha conexión de datos,
e os intentos repetidos de enviar o correo pódenlle
subir a factura telefónica. Na carpeta Caixa de saída
pode borrar a mensaxe ou movela á carpeta
Borradores.
1. Seleccione
Nova mensaxe
>
Mensaxe
para enviar
unha mensaxe de texto ou multimedia (MMS),
Mensaxe audio
para enviar unha mensaxe
multimedia que inclúa un clip de son ou
Correo
para enviar unha mensaxe de correo electrónico.
2. No campo Para, prema a tecla de desprazamento
para seleccionar os destinatarios ou os grupos da
lista de contactos ou introduza o número ou o
enderezo de correo electrónico dos destinatarios.
Para engadir un punto e coma (;) coa fin de separar
os destinatarios, prema *. Tamén pode copiar e
pegar o número ou o enderezo do portapapeis.
3. Introduza o tema do correo electrónico no campo
de tema. Para cambiar os campos visibles,
seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
.
4. Escriba a mensaxe no campo de mensaxe. Para
inserir un modelo ou unha nota, seleccione
51
Mensaxería
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir texto
>
Modelo
ou
Nota
.
5. Para engadir un ficheiro multimedia a unha
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
, o tipo de ficheiro ou o directorio
onde se encontra e seleccione o ficheiro que queira.
Para inserir unha tarxeta de visita, unha
diapositiva, unha nota ou calquera outro ficheiro
na mensaxe, seleccione
Opcións
>
Inserir
contidos
>
Inserir outros
.
6. Para facer unha foto ou gravar un vídeo ou un clip
de son para unha mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir imaxe
>
Nova
,
Inserir videoclip
>
Novo
ou
Inserir clip de
son
>
Novo
.
7. Para inserir un engadido ao correo electrónico,
seleccione
Opcións
e o tipo de ficheiro que quere
achegar. Os engadidos do correo electrónico
indícanse con .
8. Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
ou prema a tecla Chamar.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe enviada que
aparece na pantalla do dispositivo non indican se se
recibiu a mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As
mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas
ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos
aplicará unha tarifa correspondente ao número de
mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros
signos de puntuación, ou algúns idiomas ocupan máis
espazo e limitan o número de caracteres que é posible
enviar nunha mensaxe.
É posible que non poida enviar videoclips gardados no
formato de ficheiro MP4 nin se exceden o límite de
tamaño da rede sen fíos nunha mensaxe multimedia.