
Inicio dunha nova conversa
Para iniciar unha nova conversa de MI, na vista
principal da aplicación, desprácese ata unha lista de
contactos de MI. Se a lista está pechada, prema a tecla
de desprazamento para ampliala para amosar os
contactos na lista.
Desprácese ata o contacto desexado da lista de
contactos. Unha icona indica a dispoñibilidade do
contacto. Para iniciar unha conversa co contacto,
prema a tecla de desprazamento.
Unha vez seleccionado un contacto, abrirase a vista da
conversa coa caixa do editor no centro, e poderá
comezar a escribir a súa mensaxe na caixa do editor.