Axustes do servidor de MI
Seleccione
Opcións
>
Axustes
. Os axustes poden
preconfigurarse non seu dispositivo ou pode recibir os
axustes nunha mensaxe de confirmación do
fornecedor de servizos que ofrece o servizo de MI.
Obterá o ID de usuario e o contrasinal do seu
fornecedor de servizos cando se rexistre no servizo. Se
non coñece o seu ID de usuario ou o contrasinal, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
Os seguintes axustes estarán dispoñibles:
•
Preferencias
— Permite modificar o seus axustes
de MI.
•
Servidores
— Permite ver unha lista de todos os
servidores de MI definidos.
•
Servidor predeterm.
— Permite cambiar o
servidor de MI ao que desexa conectarse.
•
Tipo de acceso de MI
— Para iniciar sesión
automaticamente ao iniciar MI, seleccione
Ao
iniciar aplicación
.
Para engadir un servidor novo á súa lista de servidores
de MI, seleccione
Servidores
>
Opcións
>
Novo
servidor
. Insira os seguintes axustes do servidor:
•
Nome do servidor
— O nome do servidor do chat.
•
Punto de acceso en uso
— O punto de acceso que
desexa utilizar para o servidor.
•
Enderezo web
— O enderezo do URL do servidor
de MI.
•
ID de usuario
— O seu ID de usuario.
•
Contrasinal
— O seu contrasinal de inicio de sesión.
63
Mensaxería