Mail for Exchange
Con Mail for Exchange, pode recibir o correo electrónico
do traballo no seu teléfono. Poderá ler e contestar os
correos electrónicos, ver e editar ficheiros adxuntos
compatibles, ver información do calendario, recibir e
contestar solicitudes de xuntanzas, programar
xuntanzas, e ver, engadir ou editar información de
contacto.
ActiveSync
O uso de Mail for Exchange limítase á sincronización
"over the air" da información PIM entre o dispositivo
de Nokia e o servidor autorizado Microsoft Exchange.
Mail for Exchange só se pode configurar se a súa
empresa dispón de Microsoft Exchange Server.
Ademais, o administrador de TI da súa empresa deberá
activar Mail for Exchange para a súa conta.
Antes de instalar Mail for Exchange, asegúrese de que
dispón do seguinte:
• Un ID de correo electrónico de empresa
• O seu nome de usuario da rede da oficina
• O seu contrasinal da rede da oficina
• O seu nome de dominio da rede (póñase en contacto
co departamento de TI da súa empresa)
• O seu nome de servidor de Mail for Exchange
(póñase en contacto co departamento de TI da súa
empresa)
Dependendo da configuración do servidor de Mail for
Exchange da súa empresa, é posible que teña que
inserir outra información ademais da incluída. Se non
coñece a información correcta, póñase en contacto co
departamento de TI da súa empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código
de bloqueo sexa obrigatorio. O código de bloqueo
predeterminado do teléfono é 12345, pero é posible
que o administrador de TI da súa empresa establecera
un código diferente para vostede.
Para acceder e modificar o perfil e axustes de Mail for
Exchange, vaia aos axustes de Mensaxería.
49
Mensaxería