Lector de mensaxes
Co Lector de mensaxes pode escoitar mensaxes de
texto, multimedia e de audio e mais o correo
electrónico.
Para escoitar mensaxes ou correo novos, na pantalla
de inicio prema e manteña pulsada a tecla esquerda de
selección ata que se inicie o Lector de mensaxes.
Para escoitar unha mensaxe da Caixa de entrada ou o
correo da Caixa do correo, desprácese ata a mensaxe e
seleccione
Opcións
>
Escoitar
. Para finalizar a
lectura, prema a tecla Rematar.
Para facer unha pausa e continuar a lectura, prema a
tecla de desprazamento. Para pasar á seguinte
mensaxe, desprácese á dereita. Para volver reproducir
a mensaxe ou o correo electrónico actuais, desprácese
á esquerda. Para saltar á mensaxe anterior, desprácese
á esquerda no principio da mensaxe.
Para ver a mensaxe ou o correo electrónico actuais en
formato de texto sen o son, seleccione
Opcións
>
Ver
.