Configuración do correo
electrónico
Co asistente de correo electrónico, pode configurar a
súa conta de correo electrónico corporativa, por
exemplo Mail for Exchange e a súa conta de correo
electrónico na Internet.
Cando configura o seu correo corporativo, é posible que
lle pidan o nome do servidor asociado co seu enderezo
de correo electrónico. Contacte co departamento de
informática da súa empresa para obter máis
información antes de comezar a configurar a súa conta
de correo electrónico corporativa.
Cando configure o seu correo electrónico da Internet,
é posible que teña que contactar co seu fornecedor de
servizos de correo electrónico para obter o seu tipo de
conta de correo electrónico (POP ou IMAP).
1. Para iniciar o asistente, diríxase á pantalla de inicio
e seleccione o asistente de correo electrónico.
2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico e
contrasinal. Se o asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de correo, terá que
seleccionar o tipo de conta e introducir os axustes
de conta relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de correo
electrónico adicionais, aparecerán cando inicie o
asistente de correo electrónico.