Axustes da caixa de correo
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Correo
.
Para definir os axustes da caixa de correo, seleccione a
conta,
Opcións
>
Editar
>
Axustes do usuario
, e
escolla entre as seguintes opcións:
•
O meu nome
— Permite inserir un nome que
aparecerá antes do seu enderezo de correo
electrónico cando envíe correos electrónicos.
•
Responder a outro
— Permite reenviar respostas
a un enderezo diferente. Seleccione
Activado
, e
introduza o enderezo de correo electrónico ao que
desexa dirixir as respostas. Só se pode inserir un
enderezo.
•
Eliminar correos de
— Permite eliminar mensaxes
de correo electrónico só do dispositivo ou do
dispositivo e do servidor. Para eliminar correos
electrónicos despois da confirmación, seleccione
Preguntar sempre
.
•
Enviar mensaxe
— Permite enviar o correo
electrónico inmediatamente ou cando haxa unha
conexión dispoñible.
•
Enviar copia a un mesmo
— Permite gardar unha
copia do correo electrónico na súa caixa de correo
remota e no enderezo definido en
Correo saínte
>
O meu enderezo correo
.
•
Incluír sinatura
— Permite anexar unha sinatura
ás súas mensaxes de correo electrónico.
•
Avisos de correo novo
— Permite axustar o
dispositivo para que notifique as mensaxes de
correo electrónico novas recibidas cun ton e unha
nota.