Mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
En Mensaxería (servizo de rede), pode enviar e recibir
mensaxes de texto, mensaxes multimedia, mensaxes
de son e mensaxes de correo. Tamén pode enviar
comandos de servizos ou recibir mensaxes de servizos
web, mensaxes de información de cela e mensaxes
especiais de datos.
Pode que antes de enviar ou recibir mensaxes, teña que
facer o seguinte:
• Inserir unha tarxeta SIM válida no dispositivo e estar
situado dentro dunha zona de cobertura.
• Verificar que a rede admite as funcións de
mensaxería que desexa empregar e que esas
funcións están activadas na tarxeta SIM.
• Definir no dispositivo os axustes do punto de acceso
á Internet.
• Definir no dispositivo os axustes da conta de correo.
• Definir no dispositivo os axustes das mensaxes de
texto.
• Definir no dispositivo os axustes das mensaxes
multimedia.
É posible que o dispositivo recoñeza ao fornecedor da
tarxeta SIM e configure automaticamente algúns dos
axustes para as mensaxes. Se non, quizais necesite
definir os axustes manualmente; tamén pode poñerse
en contacto co seu fornecedor de servizos para
configurar os axustes.