Nokia E75 - Seguridade da conexión

background image

Seguridade da conexión

Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante

unha conexión, significa que a transmisión de datos

entre o dispositivo e a pasarela da Internet ou o

servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de

datos entre a pasarela e o servidor de contido (onde se

almacenan os datos) é segura. O fornecedor de servizos

protexe a transmisión de datos entre a pasarela e o

servidor de contido.

É posible que sexa necesario dispoñer de certificados

de seguridade nalgúns servizos, como os servizos de

banca. Se a identidade do servidor non é auténtica ou

se non dispón do certificado de seguridade correcto no

teléfono, recibirá unha notificación. Para obter máis

información, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos.

Importante: Aínda que o uso de certificados

reduce considerablemente os riscos relacionados coas

conexións remotas e as instalacións de software,

cómpre utilizalos correctamente para beneficiarse do

aumento da seguridade. A existencia dun certificado

non ofrece protección por si mesmo. O administrador

do certificado debe dispoñer de certificados correctos,

auténticos ou fiables para poder aumentar a

seguridade. Os certificados teñen data de caducidade.

Se se amosa "Certificado caducado" ou "O certificado

non é válido", incluso no caso de que o certificado

debera ser válido, comprobe que a hora e a data do

dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre

asegurarse de que o propietario do certificado é

realmente fiable e que pertence realmente ao

propietario facilitado.