certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio.
Está deseñado para non superar os límites de
exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas
polas directrices internacionais. O organismo científico
independente ICNIRP desenvolveu estas directrices,
que inclúen marxes de seguridade deseñadas para
garantir a protección de todas as persoas,
independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos
móbiles empregan unha unidade de medición
coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR.
O límite de SAR exposto nas directrices de ICNIRP é de
2,0 watts/quilogramo calculado en aproximadamente
10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo
utilizando posicións de funcionamento estándar co
dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía máis
alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel
de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode
estar por debaixo do valor máximo debido a que o
dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía
xusta para conectarse coa rede. A cantidade cambia
dependendo dun gran número de factores, como a que
distancia se atopa dunha estación base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as
directrices de ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado
á orella é de 1,20 W/kg.
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a
aparición de diferentes valores de SAR. Os valores de
SAR poden variar dependendo das necesidades de
información e probas nacionais e da banda de rede. Se
desexa obter información de SAR adicional, consulte a
sección de información do produto da páxina web
www.nokia.com.
191
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade