Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición
a radiofrecuencia cando se emprega na posición
normal de uso no oído ou cando se coloca polo menos
a unha distancia de 2,2 centímetros do corpo. Se se
utiliza unha funda de transporte, unha pinza para o
cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ao
corpo, estes non deberán conter ningunha peza de
metal e deberá colocar o dispositivo á distancia
indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre
dispoñer dunha conexión de calidade á rede. É posible
que o envío de ficheiros de datos ou mensaxes se
retrase ata que se atope dispoñible a mencionada
conexión. Respecte as instrucións sobre a distancia de
separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É
posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo
dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros
soportes de almacenaxe magnéticos preto do
dispositivo, xa que é posible que se elimine a
información almacenada neles.