Audiófonos
É posible que algúns dispositivos sen fíos dixitais creen
interferencias nalgúns audiófonos.
O modelo do seu dispositivo móbil cumpre co
regulamento da FCC que rexe a compatibilidade cos
audiófonos. Este regulamento esixe a utilización dun
micrófono M3 ou de valor superior. O valor de M do seu
dispositivo amósase na caixa do mesmo. Os valores de
M superiores xeralmente indican que un modelo de
dispositivo dispón dun nivel de emisión de
radiofrecuencia dunha potencia inferior, o cal pode
mellorar a probabilidade de que o dispositivo funcione
con determinados audiófonos. Algúns audiófonos son
máis inmunes que outros ás interferencias. Consulte co
seu otorrino para determinar se o seu audiófono é
compatible con este dispositivo. Para obter máis
información acerca da accesibilidade, visite a páxina
www.nokiaaccessibility.com.