Dispositivos médicos
A utilización de equipos de transmisión por radio,
incluídos os teléfonos sen fíos, pode producir
interferencias no funcionamento de dispositivos
médicos incorrectamente protexidos. Póñase en
contacto cun médico ou co fabricante do dispositivo
médico para determinar se se atopa axeitadamente
protexido da enerxía de radiofrecuencia externa.
Apague o dispositivo cando así o esixan as normativas
correspondentes. É posible que os hospitais ou os
centros de atención médica utilicen equipos que
resulten sensibles á enerxía de radiofrecuencia
externa.
Dispositivos médicos
implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan
manter unha separación mínima de 15,3 centímetros
(6 polgadas) entre un dispositivo sen fíos e os