Chamadas de
emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais
de radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións
programadas polo usuario. Se o dispositivo admite
chamadas de voz a través da Internet (chamadas da
Internet), active as chamadas da Internet e o teléfono
móbil. O dispositivo pode intentar efectuar as
chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e
do fornecedor de chamadas da Internet se se atopan
activados ámbolos dous. Non se pode garantir que as
conexións funcionen en todas as condicións. Nunca
dependa unicamente dun dispositivo móbil para
efectuar comunicacións importantes, coma urxencias
médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o
seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe
que a intensidade do sinal é a axeitada. En función
do dispositivo, é posible que tamén necesite
realizar o seguinte:
• Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza
unha.
• Elimine as restricións das chamadas que estean
activadas no dispositivo.
• Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil
activo.
2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para
borrar a pantalla e preparar o dispositivo para
chamadas.
3. Insira o número de emerxencia da localidade na
que se atope. Os números de emerxencia poden
variar en cada localidade.
4. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite
toda a información necesaria do xeito máis preciso
190
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade
posible. É posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o
único medio de comunicación na escena dun
accidente. Non finalice a chamada ata que reciba
permiso para facelo.
Información de