Nokia E75 - Inserción da tarxeta de memoria

background image

Inserción da tarxeta de

memoria

Utilice unha tarxeta de memoria para aforrar memoria

no dispositivo. Tamén pode facer copias de seguridade

da información do dispositivo na tarxeta de memoria.

10

Guía de

introdu

ció

n ráp

ida

background image

Utilice só tarxetas microSD compatibles homologadas

por Nokia con este dispositivo. Nokia emprega

estándares do sector autorizados para as tarxetas de

memoria, pero é posible que algunhas marcas non

sexan completamente compatibles co dispositivo. A

utilización de tarxetas non compatibles pode danar a

tarxeta e o dispositivo, e danar os datos almacenados

na tarxeta.
Manteña toda as tarxetas de memoria fóra

do alcance dos nenos.
Comprobe a compatibilidade dunha

tarxeta de memoria co fabricante ou o

fornecedor da mesma.
No paquete de vendas pode incluírse unha

tarxeta de memoria compatible. É posible que a tarxeta

de memoria xa se atope inserida no dispositivo. En caso

contrario, siga os pasos que se describen a

continuación:
1. Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.

2. Insira a tarxeta de memoria na rañura (primeiro a

zona de contacto). Asegúrese de que a zona de

contacto estea orientada cara aos conectadores no

dispositivo.

3. Empuxe a tarxeta ata que quede encaixada.
4. Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria.