Cargar a batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o
dispositivo indica que o nivel de carga da batería é
baixo, faga o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo.
3. Cando o dispositivo indique a carga completa,
desconecte o cargador do dispositivo e, a
continuación, da toma da parede.
Non é preciso cargar a batería durante un período de
tempo específico e é posible utilizar o dispositivo
mentres se está a cargar. Se a batería está
completamente descargada, é posible que teña que
esperar varios minutos para poder efectuar chamadas
e para poder visualizar o indicador de carga na
pantalla.
Suxestión: Se ten algún cargador Nokia vello
pode empregalo co Nokia E75 mediante o
adaptador CA-44 para cargadores. O adaptador
véndese por separado.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea
dispoñible unha toma da parede. Cargar o dispositivo
co cable USB leva máis tempo.
Coa carga por USB, tamén é posible transferir datos
mediante o cable USB mentres carga o dispositivo.
1. Conecte un aparello USB ao seu dispositivo
mediante un cable USB compatible.
En función do tipo de dispositivo que se empregue
para efectuar a carga, é posible que a carga tarde
uns intres en iniciarse.
2. Se o dispositivo está acendido, seleccione o modo
USB desexado.