Primeiro arranque
1. Manteña pulsada a tecla de
acendido ata que note que o
dispositivo vibra.
2. Cando llo soliciten, introduza
o código PIN ou o código de bloqueo e seleccione
Aceptar
.
3. Cando llo soliciten, introduza o seu país e a data e
hora actuais. Para atopar o seu país, introduza as
primeiras letras do nome do país. É importante
seleccionar o país correcto, xa que as entradas de
axenda programadas poden variar se viaxa a outro
país cunha zona horaria distinta.
11
Guía de
introdu
ció
n ráp
ida
4. Ábrese a aplicación Configuración do teléfono.
Seleccione a opción axeitada ou seleccione
Non
para pechar a aplicación. Para abrir máis tarde a
aplicación Configuración do teléfono, seleccione
Menú
>
Axuda
>
Config. do tf.
.
Para configurar o chat e as chamadas da Internet,
utilice o asistente dispoñible na pantalla de inicio.
Para configurar os diversos axustes do seu dispositivo,
empregue os asistentes dispoñibles na pantalla de
inicio e na aplicación Asistente de axustes. Cando
acende o dispositivo, é posible que recoñeza ao
fornecedor da tarxeta SIM e configure algúns axustes
automaticamente. Tamén pode contactar co seu
fornecedor de servizos para informarse sobre os
axustes correctos.
Pode acender o dispositivo sen ter inserida unha
tarxeta SIM. O dispositivo iníciase no perfil
Desconectado e non pode utilizar as funcións do
teléfono dependentes da rede.
Para apagar o dispositivo, manteña pulsada a tecla de
acendido.